Arquivos do sitio Sen clasificar
FRICIÓNS
Nas últimas semanas vimos asistindo a continuas friccións, escaramuzas tan só, entre os representantes de BNG e PSOE na Xunta. Está detrás a inmediata negociación dos orzamentos do executivo galego. E están detrás as eleccións de marzo. Curiosamente, os roces estanse producindo, en concreto, en todas aquelas áreas que non quedaron repartidas de xeito estanco […]
Resultados nos concellos conflitivos
23:18
Na campaña falouse moito da especulación urbanística, sobre todo en certos concellos da mariña lucense e das Rías Baixas.
En Foz o PSOE repite vitoria pero perde dous concelleiros e con eles a maioría absoluta, ¿pactará o BNG? En Barreiros, en cambio, o PP retén a maioría absoluta.
Nas Rías Baixas, o PP perde Nigrán, que pasa […]
Últimos datos definitivos
22:45
Novos datos, que xa case permiten facer unha valoración global: O PP gaña en Carnota (pérdea o BNG), Moeche, Rois (pérdea o BNG), A Pobra, Ribeira, Barreiros e Lalín.
O PSOE gaña en A Estrada, Nigrán e Burela (pérdeas o PP), Corcubión e A Guarda.
O BNG gaña en Gondomar, Carballo, Sada, San Sadurniño, Mondoñedo, Monforte e […]
100%
22:10
Primeiros datos ao 100%, e con cambios importantes:
Fene: O PSOE gáñalle a alcaldía ao BNG
Melide: O BNG gáñalle a alcaldía a PP
Narón: TEGA matén o goberno
Brión: PSOE mantén o goberno
Mugardos: BNG mantén o goberno
As Pontes: O PSOE gáñalle a alcaldía ao BNG
Neda: TEGA gáñalle a alcaldía ao PSOE
Chantada: O PSOE gáñalle a alcaldía ao […]
Primeiros datos (a noite será curta pero intensa)
21:30
Chegan os primeiros datos reais, moi variados (hai concellos co 60% escrutado e outros con menos do 10%), e hai de todo. Titular: vai ser unha boa noite para o PSOE en Galicia, para o BNG hai noticias agradables e outras non tanto (algunhas terribles, case), e o PP baixa en xeral, aínda que manterá […]
Sondaxe: Titulares
20:20
1- Non hai maiorías absolutas. Para Orozco, Losada e Bugallo significa que terán que pactar. Para Corina e Poly significa que poden pasar á oposición
2- O PSOE sobe moito onde non goberna, mesmo en Ourense.
3- O BNG baixa nas cidades, moito en Ferrol, bastante en Pontevedra e Vigo e algo en Santiago.
4- IU agroma como […]
Cinco minutos…
19:55
¿Como interpretar os únicos datos que temos até o de agora: a participación? A participación baixa lixeiramente en Galicia, pero moito menos que no resto do Estado. Hai que lembrar que as eleccións do 2003 foron as das manifestacións contra a guerra e as do Prestige. Unha mobilización que non se produciu este ano. O […]
Promesas e boas intencións
Non nos enganemos. Vista dende fóra a política é moi aburrida. Está chea de verdades a medias e intercambios de acusacións sen moito sentido, que actúan como cortinas de fume para as verdadeiras decisións importantes, sempre mal explicadas por uns medios de comunicación cuxos beneficios dependen de mais deste xogo.
Porén, aínda que non lle […]


