Arquivos do sitio psoe

Embarazos no Parlamento


Pasada a resaca dos Orzamentos da Xunta, a actualidade política derivouse cara outros temas. Por un lado, Anxo Quintana vén de botar outra vez un pouco de sal sobre a ferida dos emigrantes, esa que leva anos aberta e que se precisa dun consenso amplo para solucionala. E por agora non o hai. Pero esa […]

Comisións a esgalla


As tres formacións políticas deron luz verde onte á posta en marcha dunha comisión parlamentaria sobre a Cidade da Cultura. Goberno e oposición acudirán á mesma coas súas cartas, e todos cren que poden gañar. Socialistas e nacionalistas tentarán levar o debate ao pasado. Os populares, ao presente. A batalla está servida.
Pero horas máis tarde, […]

CENTRADOS


Está un pouco tolo o tempo ultimamente. No inverno non fixo frío, no verán non fixo calor. Seica o tempo tamén xira cara ao centro, “modérase”. Debe ser que está de moda. O PSOE xira ao centro, o BNG afirma que non ten ideoloxía. Curiosamente, os únicos que non están no centro son os que […]

Eterno Monte Gaiás


O da Cidade da Cultura colle tintes de asemellarse cada día máis ao Guadiana. Aparece e desaparece da escena política galega sen que o ninguén o poida predecir. Se cadra é pola falta de temas (orixinais) de debate, pero o certo é que estase a convertir nun tema recurrente que enche periódicos, roldas de prensa […]

Economía, economía


Para os que busquen paralelismos entre os temas de debate na política estatal e na galega, aquí os están. Aquí e alá fálase de política económica. Prosigue a bonanza, e os dirixentes aproveitan a ocasión para dicir alto e claro que os deberes están feitos. Porque os presidentes Zapatero e Touriño prefiren falar de cifras […]

¿O HARAKIRI DAS DEPUTACIÓNS?


Nestes días en que tanto se está a falar da Transición (dende agora e até o 2012 agárdannos unhas cantas conmemoracións de “30 anos de”), é bo lembrar un dos seus elementos máis orixinais, con respecto a outros procesos semellantes. En 1976 as Cortes Franquistas votaron a súa extinción, o que se acabou coñecendo como […]

XA ESTAMOS EN CAMPAÑA


PSOE e BNG están medindo moito os detalles dos seus pactos en concellos e deputacións. Saben que as vindeiras eleccións municipais comezan a gañarse ou a perderse nestes acordos, nas áreas de xestión que controle cada partido, na percepción que a cidadanía teña sobre a responsabilidade dun e outro no funcionamento dos gobernos locais.
Pero PSOE […]

Hai pacto. E agora que?


A situación que se deu nas pasadas eleccións, que se ven dando durante os últimos oito anos, e que ten toda a pinta de prolongarse ’sine die’, é lícita e legal pero non parece de todo xusta. Co pacto asinado esta tarde, dase luz verde aos pactos municipais entre socialistas e nacionalistas, que permitirán gobernar […]

Pactando, que é xerundio


Chegados a este punto, os pactos entre socialistas e nacionalistas parecen feitos. Xa non hai sopresa, nin incertezas respeito ao éxito das negociacións. Varela e Jorquera están escenificando estes días a dureza das conversas con interminables encontros, pero os dous saben de sobra que o importante non ten negociación.
Explícome. Dentro dos pactos que están a […]

¿Gañou Esperanza Aguirre en Galicia?


Algo mal ten que estar facendo o PSOE para que uns días despois das eleccións ao señor Núñez Feijoo se lle pase pola cabeza dicir que os socialistas obtiveron un mal resultado en Galicia. Fala o líder dunha forza política que vén de perder practicamente todo o poder que lle quedaba no noso país. O […]