Arquivos do sitio pp
Pactos entre o PP e o BNG
A dobre personalidade debe de ser un requerimento importante para que a un o deixen ser político en Galicia. Fiel ó mito do galego na escaleira, é ben coñecida a tendencia cuántica do presidente da Xunta, o señor Pérez Touriño, a afirmar e negar as cousas nunha mesma frase. “Reganosa é ilegal, pero xa está […]
Pactando, que é xerundio
Chegados a este punto, os pactos entre socialistas e nacionalistas parecen feitos. Xa non hai sopresa, nin incertezas respeito ao éxito das negociacións. Varela e Jorquera están escenificando estes días a dureza das conversas con interminables encontros, pero os dous saben de sobra que o importante non ten negociación.
Explícome. Dentro dos pactos que están a […]
¿Gañou Esperanza Aguirre en Galicia?
Algo mal ten que estar facendo o PSOE para que uns días despois das eleccións ao señor Núñez Feijoo se lle pase pola cabeza dicir que os socialistas obtiveron un mal resultado en Galicia. Fala o líder dunha forza política que vén de perder practicamente todo o poder que lle quedaba no noso país. O […]
Adeus aos graneiros do PP
Pasadas as eleccións cada formación política realiza as súas análises e valoracións. E sendo este o caso duns comicios locais, raro é que os partidos acaden victorias rotundas ou fracasos estrepitosos. Habendo 7 cidades e 315 concellos resulta complicado non apañar boa colleita.
Pero as cifras non enganan. Os datos son poderosos, non deixan lugar a […]
Xa é 28 de maio
0:20
Valoración final:
O PP apenas baixa (uns dous puntos, tan só), pero non gobernará ningunha cidade e só retén a Deputación de Ourense. Ademais, practicamente todas as vilas e case todos os concellos das áreas metropolitanas terán goberno de esquerda. Certo é que subiu na Galicia urbana, nomeadamente en Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago, pero […]
Que fai Fraga aquí?
O regreso de Manuel Fraga a Galicia, coincidindo coa última semana de carreira electoral, pode ter varias lecturas en clave política. Amais diso, non é o primeiro que tamén ve algún que outro risco na presenza do ex presidente da Xunta precisamente agora.
Entre as teóricas vantaxes de ter a Fraga nestes mítines, destaca sen dúbida […]
Indemnizacións si, pero… a que prezo?
Unha das últimas propostas do PPdeG non ten carácter municipal, senón mais ben autonómico. Núñez Feijoo propón unha medida respecto ó pagamento de indemnizacións no caso de grandes catástrofes, como os incendios ou as riadas que afectaron a Galicia no último ano. En concreto, a súa proposición vai na liña de que o prazo máximo […]


