Arquivos do sitio municipais
ALGUÉN SABE XOGAR AO POKER?
Nos últimos días vimos escoitando na boca de moitos políticos declaracións premonitorias, anticipacións do que pode pasar o día 28. Núñez Feijoo comeza a falar sobre un posible fracaso do PP nas eleccións do domingo, e sobre o seu futuro persoal. Ao tempo, Feijoo sorprende repetindo os argumentos ocos e irresponsables lanzados por Aznar dende […]
O raquitismo dos concellos
¿Alguén se lembra do Pacto Local? Si, home, si, ese acordo para transmitirlles más competencias ós concellos (e seis millonciños para exercelas). Era unha idea de Fraga, pero asinárona Touriño e Pepe Crespo en xaneiro de 2006. O presi chegou a dicir que “remataría co raquitismo económico dos concellos, que son excesivamente dependentes do poder […]
Que fai Fraga aquí?
O regreso de Manuel Fraga a Galicia, coincidindo coa última semana de carreira electoral, pode ter varias lecturas en clave política. Amais diso, non é o primeiro que tamén ve algún que outro risco na presenza do ex presidente da Xunta precisamente agora.
Entre as teóricas vantaxes de ter a Fraga nestes mítines, destaca sen dúbida […]
MARÉS, ENQUISAS E ELECCIÓNS
Ninguén sabe con certeza o que pasará o 27 de maio. Hai enquisas, claro, pero as enquisas non son infalibles. As enquisas son moi certeiras á hora de reflectir a intención de voto directa, pero hai unha certa proporción de voto oculto e de votantes indecisos que poden decidir o resultado, sobre todo naqueles lugares […]
¿Por que Touriño non debate?
Porque non sabe.
O noso presidente non foi chamado polo camiño da oratoria, como di o señor Pérez e como sabe calquera que o escoitara falar algunha vez. Trabúcase, non se explica ben, repite unha e outra vez os mesmos datos e encaixa moi mal que lle rebatan algunha afirmación. Na tele, tanto Feijóo como […]
Aínda que aburra, a xente quere debate
Houbo debate. A pasada semana estivo Quintana, onte estiveron Quintana e Feijoo. ¿A vindeira irá Touriño? Non o creo. Normas do marketing político español: o que goberna non debate, sobre todo se a oratoria non está entre as súas virtudes.
O debate de onte á noite volveu demostrar que a xente non é tan apática como […]
Indemnizacións si, pero… a que prezo?
Unha das últimas propostas do PPdeG non ten carácter municipal, senón mais ben autonómico. Núñez Feijoo propón unha medida respecto ó pagamento de indemnizacións no caso de grandes catástrofes, como os incendios ou as riadas que afectaron a Galicia no último ano. En concreto, a súa proposición vai na liña de que o prazo máximo […]
Xerontocracia
Un breve apunte para chamar a atención sobre unha notiña de Europa Press publicada no único diario de pago en galego realmente existente. O vindeiro 27 de maio, preséntanse 21 alcaldes que levan no sitio dende as primeiras eleccións municipais, en 1979, ou antes. A metade están en Ourense, só tres non son do PP […]
PSdeG-PSOE: Agora ou nunca
Pode resultar paradoxal que eu afirme que estou convencido de que o PSOE é o partido que máis vai mellorar os seus resultados en Galicia nas eleccións municipais, e que ao mesmo tempo diga que é quen máis ten que perder. Os resultados do PP vanse mover entre o lixeiro descenso e a devacle, os […]
Vendendo fume
Nós comezabamos onte con moitas promesas e boas intencións. Os nosos ben queridos líderes políticos fixeron o mesmo, cada un na cidade que máis lle interesa apañar, e alí ensinaron as armas dialécticas coas que bombardearán dende os mítines nos vindeiros quince días.
Touriño falou dende Ourense, onde confía en entrar no goberno máis porque Enrique […]


