Arquivos do sitio eleccións

Pactando, que é xerundio


Chegados a este punto, os pactos entre socialistas e nacionalistas parecen feitos. Xa non hai sopresa, nin incertezas respeito ao éxito das negociacións. Varela e Jorquera están escenificando estes días a dureza das conversas con interminables encontros, pero os dous saben de sobra que o importante non ten negociación.
Explícome. Dentro dos pactos que están a […]

Adeus aos graneiros do PP


Pasadas as eleccións cada formación política realiza as súas análises e valoracións. E sendo este o caso duns comicios locais, raro é que os partidos acaden victorias rotundas ou fracasos estrepitosos. Habendo 7 cidades e 315 concellos resulta complicado non apañar boa colleita.
Pero as cifras non enganan. Os datos son poderosos, non deixan lugar a […]

Xa é 28 de maio


0:20
Valoración final:
O PP apenas baixa (uns dous puntos, tan só), pero non gobernará ningunha cidade e só retén a Deputación de Ourense. Ademais, practicamente todas as vilas e case todos os concellos das áreas metropolitanas terán goberno de esquerda. Certo é que subiu na Galicia urbana, nomeadamente en Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago, pero […]

Festa da democracia


Hai escasamente unha hora que se iniciou o 27-M. Hoxe temos día de eleccións, e a diferenza do que sucedeu durante a campaña, agárdanos un día do máis tópicos. Non haberá chapuzóns electorais, nin esperas electorais, nin paseos pola ría electorais, nin nada de nada…
Salvo novidade no discurso, os principais líderes políticos galegos e […]

Aínda que aburra, a xente quere debate


Houbo debate. A pasada semana estivo Quintana, onte estiveron Quintana e Feijoo. ¿A vindeira irá Touriño? Non o creo. Normas do marketing político español: o que goberna non debate, sobre todo se a oratoria non está entre as súas virtudes.
O debate de onte á noite volveu demostrar que a xente non é tan apática como […]

Indemnizacións si, pero… a que prezo?


Unha das últimas propostas do PPdeG non ten carácter municipal, senón mais ben autonómico. Núñez Feijoo propón unha medida respecto ó pagamento de indemnizacións no caso de grandes catástrofes, como os incendios ou as riadas que afectaron a Galicia no último ano. En concreto, a súa proposición vai na liña de que o prazo máximo […]

PSdeG-PSOE: Agora ou nunca


Pode resultar paradoxal que eu afirme que estou convencido de que o PSOE é o partido que máis vai mellorar os seus resultados en Galicia nas eleccións municipais, e que ao mesmo tempo diga que é quen máis ten que perder. Os resultados do PP vanse mover entre o lixeiro descenso e a devacle, os […]