Posts escritos por ArturoLosada

A dubidosa resurreción do Plan Galicia


Coa visita que Cascos, Álvarez Francisco, fixo onte á Coruña, xa foron dous, el e Mariano, os grandes prohomes do PP de Madrid que nos prometeron que se os metemos na Moncloa en 2008, o Plan Galicia, aquel vello Plan Galicia que nos encheu o país de grandes carteis tras a resaca do Prestige, estará […]

O raquitismo dos concellos


¿Alguén se lembra do Pacto Local? Si, home, si, ese acordo para transmitirlles más competencias ós concellos (e seis millonciños para exercelas). Era unha idea de Fraga, pero asinárona Touriño e Pepe Crespo en xaneiro de 2006. O presi chegou a dicir que “remataría co raquitismo económico dos concellos, que son excesivamente dependentes do poder […]

O mal do naval


O sector naval privado galego, concentrado na ría de Vigo, non pode ter queixa. En 2005, a suma dos beneficios das 10 maiores empresas do gremio superou os 430 millóns de euros. De Vigo saen un 42% dos barcos que vende España por ahí polo mundo. Se os vigueses decidisen mañá deixar de aceptar […]

¿Por que Touriño non debate?


Porque non sabe.
O noso presidente non foi chamado polo camiño da oratoria, como di o señor Pérez e como sabe calquera que o escoitara falar algunha vez. Trabúcase, non se explica ben, repite unha e outra vez os mesmos datos e encaixa moi mal que lle rebatan algunha afirmación. Na tele, tanto Feijóo como […]

Xerontocracia


Un breve apunte para chamar a atención sobre unha notiña de Europa Press publicada no único diario de pago en galego realmente existente. O vindeiro 27 de maio, preséntanse 21 alcaldes que levan no sitio dende as primeiras eleccións municipais, en 1979, ou antes. A metade están en Ourense, só tres non son do PP […]

Vendendo fume


Nós comezabamos onte con moitas promesas e boas intencións. Os nosos ben queridos líderes políticos fixeron o mesmo, cada un na cidade que máis lle interesa apañar, e alí ensinaron as armas dialécticas coas que bombardearán dende os mítines nos vindeiros quince días.
Touriño falou dende Ourense, onde confía en entrar no goberno máis porque Enrique […]

ArturoLosada