Posts escritos por ArturoLosada

Antón Losada, o reverso tenebroso


A estas horas todas as portadas dos medios galegos en internet coinciden en destacar o mesmo: O Consello da Xunta cesou a Antón Losada, a petición propia. Marcha o odiado número dous de Quintana sen moito ruído e sen máis declaración que “voume porque é a fin dun ciclo”.
Había insistentes rumores da súa marcha […]

Voceiro en lugar do voceiro


Na Xunta de Portavoces, ese organismo de decide os asuntos que se tratarán nos plenos parlamentarios, falouse moito onte da Cidade da Cultura. Seica hai acordo para investigar nunha comisión parlamentaria un asunto que estaría moito mellor nos tribunais, porque a comisión non pode multar a ninguén, nin metelo no caldeiro tampouco, por moitos indicios […]

¿Que din os rumorosos?


Ben, xa é oficial. Anxo Quintana conseguiu iniciar unha polémica estéril. O home andaba aburrido, todo agosto en Allariz tirado á bartola e entroulle gana de que falasen del os xornais de aquí e os de Madrid. E entre todas as cousas que podía facer para lograr tal obxectivo, como propoñer un referendo para a […]

¿Pérez Varela nos tribunais?


Levei unha boa sorpresa lendo a información do día. Di Antonio López, conselleiro maior do Consello de Contas (obrigada redundancia) que o lóxico sería que houbera sancións xudiciais para os membros do ex goberno de Fraga polo ter tirado tantos cartos públicos ó lixo coa Cidade da Cultura. É a típica cousa que diría o […]

Non hai nada que ofrendar


Presuntamente, vivimos nun Estado laico e aconfesional. Tan presuntamente como que todos os cidadáns son iguais ante a lei. Iso pon a Constitución, pero cousas como o secuestro de El Jueves por meterse co Grande Herdeiro Borbónico fannos dubidar da segunda afirmación. E cousas como a Ofrenda ó Apóstolo poñen a primeira en entredito.
Cada […]

Eu as cousas difíciles non as entendo…


Algo se move no PPdeG. Mentres os outros dous partidos con representación parlamentaria permanecen aletargados polo (presunto) verán, agás excepcións puntuais e provinciais, Feijóo está á que salta… posuído, sen dúbida, por ese extraño espírito que se chama “precampaña“.
Oprimus inter pares do PPdeG, anda máis esquizofrénico que nunca. Primero mételle dinamina a lonxeva pax lingüística […]

Menos mal que chove…


Veña, xa vai sendo tempo de reactivar o blog este ¿non?
A maioría dos galegos andan dende do 21 de xuño botando pestes contra este clima atlántico tan noso. Que se xa é verán e non vimos máis que néboa e choiva, que se que asco de tempo, que se así non hai quen pise a […]

Pactos entre o PP e o BNG


A dobre personalidade debe de ser un requerimento importante para que a un o deixen ser político en Galicia. Fiel ó mito do galego na escaleira, é ben coñecida a tendencia cuántica do presidente da Xunta, o señor Pérez Touriño, a afirmar e negar as cousas nunha mesma frase. “Reganosa é ilegal, pero xa está […]

Alcaldes Frikis (II): Os que perderon


Xosé Manuel Cendán, de Ares, saíu tocado da loita fratricida co seu irmán, Luis. Seica os dous querían mandar máis do que lles tocaba (non sei cantose poderá mandar en Ares, pero…) e, pese a que intentaron solucionalo varias veces a berros no bar da familia, Os Nanos, non houbo acordo e sí escisión. Luis […]

Alcaldes Frikis (I): Os que gañaron


Tras os análises perpetrados polos meus compañeiros de blog, pouco queda que comentar sobre estas eleccións municipais, pouco serio alomenos, pero coido que hai un tema que non se tratou, e que ten moito que ver coa idiosincrasia do voto galego. ¿Que pasou cos nosos alcaldes frikis? Pois imos velo:

Senén Pousa Soto, de Beade, que […]

ArturoLosada