Posts escritos por MarcosPerez

Reganosa, ¿pataca quente?


A manifestación celebrada hoxe en Ferrol baixo o lema “Liberdade para Bastida, planta de gas fóra da Ría” foi un éxito completo. A planta de Reganosa instalouse na ría de xeito moi silandeiro, sen facer demasiado ruído, e con sentenzas xudiciais na súa contra. Sentenzas, que así e todo, non tiveron demasiada repercusión. Pero en […]

¿Gañou Esperanza Aguirre en Galicia?


Algo mal ten que estar facendo o PSOE para que uns días despois das eleccións ao señor Núñez Feijoo se lle pase pola cabeza dicir que os socialistas obtiveron un mal resultado en Galicia. Fala o líder dunha forza política que vén de perder practicamente todo o poder que lle quedaba no noso país. O […]

Xa é 28 de maio


0:20
Valoración final:
O PP apenas baixa (uns dous puntos, tan só), pero non gobernará ningunha cidade e só retén a Deputación de Ourense. Ademais, practicamente todas as vilas e case todos os concellos das áreas metropolitanas terán goberno de esquerda. Certo é que subiu na Galicia urbana, nomeadamente en Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago, pero […]

Resultados nos concellos conflitivos


23:18
Na campaña falouse moito da especulación urbanística, sobre todo en certos concellos da mariña lucense e das Rías Baixas.
En Foz o PSOE repite vitoria pero perde dous concelleiros e con eles a maioría absoluta, ¿pactará o BNG? En Barreiros, en cambio, o PP retén a maioría absoluta.
Nas Rías Baixas, o PP perde Nigrán, que pasa […]

Últimos datos definitivos


22:45
Novos datos, que xa case permiten facer unha valoración global: O PP gaña en Carnota (pérdea o BNG), Moeche, Rois (pérdea o BNG), A Pobra, Ribeira, Barreiros e Lalín.
O PSOE gaña en A Estrada, Nigrán e Burela (pérdeas o PP), Corcubión e A Guarda.
O BNG gaña en Gondomar, Carballo, Sada, San Sadurniño, Mondoñedo, Monforte e […]

100%


22:10
Primeiros datos ao 100%, e con cambios importantes:
Fene: O PSOE gáñalle a alcaldía ao BNG
Melide: O BNG gáñalle a alcaldía a PP
Narón: TEGA matén o goberno
Brión: PSOE mantén o goberno
Mugardos: BNG mantén o goberno
As Pontes: O PSOE gáñalle a alcaldía ao BNG
Neda: TEGA gáñalle a alcaldía ao PSOE
Chantada: O PSOE gáñalle a alcaldía ao […]

Primeiros datos (a noite será curta pero intensa)


21:30
Chegan os primeiros datos reais, moi variados (hai concellos co 60% escrutado e outros con menos do 10%), e hai de todo. Titular: vai ser unha boa noite para o PSOE en Galicia, para o BNG hai noticias agradables e outras non tanto (algunhas terribles, case), e o PP baixa en xeral, aínda que manterá […]

Sondaxe: Titulares


20:20
1- Non hai maiorías absolutas. Para Orozco, Losada e Bugallo significa que terán que pactar. Para Corina e Poly significa que poden pasar á oposición
2- O PSOE sobe moito onde non goberna, mesmo en Ourense.
3- O BNG baixa nas cidades, moito en Ferrol, bastante en Pontevedra e Vigo e algo en Santiago.
4- IU agroma como […]

Cinco minutos…


19:55
¿Como interpretar os únicos datos que temos até o de agora: a participación? A participación baixa lixeiramente en Galicia, pero moito menos que no resto do Estado. Hai que lembrar que as eleccións do 2003 foron as das manifestacións contra a guerra e as do Prestige. Unha mobilización que non se produciu este ano. O […]

NATIVOS E COLONOS


Sempre me fixo moita graza o enfrontamento veado que existe nalgúns concellos das áreas metropolitanas entre os veciños que levan vivindo alí “toda a vida” e os recén chegados. Sucede sobre todo naquelas vilas que experimentaron un crecemento moi acelerado nos últimos anos, e que pasaron de ser concellos rurais de poboación envellecida a pequenas […]

MarcosPerez