Animais políticos

OS MONÁRQUICOS ACHEGAN A REPÚBLICA
Por fin. Abriuse o debate. 25 anos despois da aprobación da Constitución, comeza a debilitarse o gran tabú da monarquía. A fenda aberta aínda é pequena, pero comeza a falarse do tema nos medios, os actos de protesta vanse facendo máis frecuentes, e o tema instálase nas axendas, con características de conflito.

Ademais, a familia real, os grupos monárquicos e os sectores máis conservadores estánse trabucando na súa reacción desaforada contra calquera crítica á familia real. Converteron unha simple caricatura nun acto delictivo. E de igual xeito están elevando unha manifestacións pacíficas á categoría de terrorismo, de atentado contra o estado de dereito e non sei que máis saídas de pata de banco.

Estanse equivocando, porque grazas á cobertura que están facendo dunha simple queima dun retrato do rei (unha cobertura na que a maior parte dos medios equiparan este acto ás accións terroristas de ETA), están colocando nas portadas o debate monarquía-república. E están conseguindo que pola natural solidarieadade coas vítimas dunhas reaccións tan desproporcionadas contra uns simples actos de protesta, moitos cidadáns comecen a posicionarse abertamente a prol da república.

Benvido sexa o debate. Xa era hora.

IBARRETXE MARCA O PASO
A proposta de referendo lanzada por Ibarretxe a pasada semana está monopolizando o debate político. Pero pode producir un efecto máis importante: pode facer pivotar as eleccións de marzo sobre o conflito identitario, sobre todo naquelas nacións do Estado nos que este conflito é máis forte, Catalunya, Euskadi e, con dúbidas, Galicia. É un discurso no que o PNV móvese moi ben (acadou os seus mellores resultados coincidindo coa ofensiva nacionalista do segundo goberno Aznar), o mesmo que o PP, que busca desesperadamente temas cos que atacar a Zapatero, así como o nacionalismo catalán; ERC intentará repetir os fenomenais resultados que lle brindou o acoso do PP e a prensa conservadora en 2004, mentres que CiU buscará recuperarse acusando a Zapatero e ao PSC de incumprir as súas promesas cara a Catalunya, tanto na xestión das infraestruturas e transportes, coma no caso do Estatut.

A proposta de Ibarretxe está condenada a fracasar. En primeiro lugar porque non pasaría de ser unha consulta simbólica, e en segundo lugar porque o PNV volve trabucarse ao lanzar un discurso rancio, tradicionalista, propio doutro século, moi diferente do que é hoxendía Euskadi e o propio nacionalismo vasco. De feito, dificilmente atopará o apoio de EA, Aralar, Ezker Batua e moito menos o da esquerda abertzale. Pero é que a proposta de Ibarretxe só busca a cohesión interna do propio PNV e maximizar os seus resultados electorais en marzo, que serán mellores canto máis dura sexa a resposta dos partidos e dos medios de comunicación en Madrid.

¿E o PP? Contentísimo. Por fin ten un tema co que facer oposición ao PSOE. Os debates identitarios favoréceno e mobilizan o seu voto. De feito, xa lanzou “Somos España”, a súa campaña nacionalista (un nacionalismo rancio, antiguo e conservador, exactamente igual que o de Ibarretxe).

FRICIÓNS
Nas últimas semanas vimos asistindo a continuas friccións, escaramuzas tan só, entre os representantes de BNG e PSOE na Xunta. Está detrás a inmediata negociación dos orzamentos do executivo galego. E están detrás as eleccións de marzo. Curiosamente, os roces estanse producindo, en concreto, en todas aquelas áreas que non quedaron repartidas de xeito estanco hai dous anos, nas negociacións para formar goberno. O reparto foi tan efectivo que os conselleiros e directores xerais de Sanidade non teñen por que coincidir no mesmo edificio cos de Medio Rural en todo o ano, e os de Industria poden pasar meses sen ver aos de Presidencia. Pero houbo algunhas áreas nas que se tivo que facer un reparto máis complexo: o audiovisual, por exemplo, que caeu do lado socialista pero do que Cultura non se quixo desprender por completo. Ou a investigación, a cabalo entre o Igape (PSOE) e Industria (BNG). Ou a CRTVG, na que cada partido foi escollendo a xestores próximos nos informativos e nos programas, na dirección da TV ou na dirección do Ente.

Aí é onde se producen as friccións. O BNG quere gañar influencia sobre a investigación e a innovación, e quere recuperar para Cultura a Industria Audiovisual. De igual xeito, o PSOE quere restarlle competencias ao propio vicepresidente na área do Benestar, asumindo a través dos concellos nos que goberna a aplicación da Lei de Dependencia.

Os gobernos de coalición son a norma en toda Europa, sobre todo naqueles países cun sistema electoral proporcional coma o noso. A presenza de varios partidos nun goberno é positivo, por sistema, pois iso significa a presenza de distintas sensibilidades sociais, distintos puntos de vista da realidade. Un goberno máis semellante á sociedade que goberna. A competencia dentro dun goberno tamén é boa, pois impulsa aos seus integrantes a traballar por facelo mellor que os outros partidos ou faccións, mellorando a xestión, en consecuencia. Apenas unha cautela: esta competencia debe ser positiva, debe medirse en traballo, en iniciativas, non en rexoubos, intrigas e cambadelas.

QUE MALO É QUINTANA (e iso que non estudou nunha Galescola)
Ao fío das Galescolas, estamos escoitando estes días moitas parvadas nos medios de comunicación de Madrid:

Cuando Quintana eructa, en vez de hablar gallego

La Xunta de Galicia entroniza “la raza superior celta” en una web educativa

Nacionalismo para bebés

La pesadilla de las galescolas

Gallegos a la fuerza

A Antxo Quintana (BNG) o el mundo al revés: los jóvenes gallegos prefieren hablar castellano pero él quiere imponer ‘galescolas’ en Galicia

Giliescolas y rotulistas

Aínda que aínda non superan aquel artigo de Antonio Burgos en ABC: “Que pesadez, otro Carod en Galicia”:

Nos sale un Carod en Galicia. Otro. Qué pesadez. Como los plátanos de Canarias, pero al revés: dos Carod, peor que uno. La comparanza con Carod no es gratuita. La guarrísima camisa negra de Carod, que no conoce el Ariel, es paralela a la cara sin afeitar de Anxo Quintana. Ambos parecen no tenerle demasiada afición a la ducha: hay que ahorrar agua tras la anulación del Plan Hidrológico, Narbona dixit y Pixie. Y en los dos, la misma incógnita onomástica. Ya sabemos que Carod es completamente Pérez. Pero ¿cómo se llama de verdad Anxo Quintana? Quintana lo entiendo. Lo que no entiendo es Anxo. ¿Qué demonios o meigas significa? Urge una teórica al resto de España, perdón, del Estado Español, para que sepamos qué significa Anxo, cómo se pronuncia Anxo. Sabíamos que Manuel Fraga significaba Manolo, Meyba en Palomares, significaba La Calle Es Mía. ¿Pero qué significa el que por ahora nos parece más Anxo que largo, el que ganó las elecciones perdiéndolas? ¿Podemos pronunciarlo así, Ancho, tan panchos? ¿Anxo es Ángel? Si es Ángel, ¡la que nos espera con este angelito!

CENTRADOS
Está un pouco tolo o tempo ultimamente. No inverno non fixo frío, no verán non fixo calor. Seica o tempo tamén xira cara ao centro, “modérase”. Debe ser que está de moda. O PSOE xira ao centro, o BNG afirma que non ten ideoloxía. Curiosamente, os únicos que non están no centro son os que fuxiron cara á dereita, e así lle vai ao PP.

Por certo, se todos os partidos marchan cara á dereita, ¿non estará quedando un grande espazo baleiro na esquerda?

PARVADAS AO REDOR DA VOLTA
Levo días escoitando parvadas ao redor da organización das etapas galegas da Volta a España. Primeiro foi o PP, hai unha semana, e agora é Ciudadanos de Catalunya, que por certo repite palabra por palabra a denuncia do Partido Popular. Gañas de chamar a atención en ambos os dous casos, de aparecer nos medios, sobre todo no caso de C’s, esa fantasmagórica formación política baseada no populismo e a demagoxia máis destrutiva; unha auténtica “marca branca” do PP.

As críticas que lle fan á Consellería de Cultura e Deportes son varias: 1- Que a Volta sae de Vigo, a cidade do ex director xeral para o Deporte, Santi Domínguez. 2- Que a maior parte das chegadas e saídas teñen como escenario concellos gobernados polo BNG. E 3- Que ningún deses concellos está gobernado polo PP.

Mira que hai cousas que criticarlle ao bipartito, pero saír con isto son gañas de facer o ridículo.

Vexamos:

1. A Volta sae de Vigo porque é, con moita diferenza, a comarca con máis tradición ciclista de Galicia

2. Que eu saiba, Vigo, Santiago e Viveiro están gobernados polo PSOE, non polo BNG

3. A Volta non sae nin chega a concellos gobernados polo PP, simplemente porque o PP apenas goberna en vilas con capacidade para acoller eventos desta dimensión, agás Ribeira (13º concello de Galicia) e Lalín (22º).

TOMAR PARTIDO
Hai veces en que hai que tomar partido. Hai situacións ou conflitos sociais nos que non se pode estar en dous bandos a un tempo, aínda que a priori ambas opcións sexan respectables e importantes para determinados colectivos sociais. Nas últimas décadas estanse producindo decote choques entre dous conceptos: o da produción, ben industrial ou agrícola, entendida como crecemento económico; e o da conservación do medio ambiente. E un punto de inestable equilibro: o desenvolvemento sostible.<o:p></o:p>

Nas últimas semanas os temarios informativos están inzados de conflitos sociais con esta estrutura. A nivel global temos o difícil asunto dos biocombustibles, defendidos pola administración norteamericana (necesitada de alternativas ao petróleo) e por Lula (por ser Brasil e a súa cana de azucre o principal produtor mundial); e criticados por Chávez (cuxa influencia internacional podería perigar), grupos ecoloxistas e por distintos colectivos que alertan dos perigos de potenciar unha tecnoloxía que xa fixo aumentar o prezo dos cereais un 50% e provocar fames xeneralizadas no terceiro mundo, como xa sucedeu en México.<o:p></o:p>

<o:p></o:p>En Galicia temos igualmente numerosos exemplos. Por unha banda, os discursos en defensa do crecemento económico e o desenvolvemento industrial nas minas do Courel, a instalación de piscifactorías na costa, a planta de Reganosa en Ferrol, a agricultura da comarca da Limia ou o complexo de Ence-Elnosa en Pontevedra. Pola outra, os chamamentos á defensa do medio natural, das zonas de costa protexidas, das zonas de protección animal e das rías. <o:p></o:p>

<o:p></o:p>Non se pode xeneralizar. Hai que analizar caso por caso, pero tendo moi en conta as xustas características de cada conflito. Cómpre valorar a verdadeira importancia económica das industrias, a porción de riqueza que reverte no territorio no que se instalan. E cómpre valorar as posibilidades de desenvolvemento económico que se poden botar a perder pola degradación dos recursos naturais ou da paisaxe.<o:p></o:p>

<o:p></o:p>A esquerda ten que tomar partido nestes debates e debe ter unha posición clara. Sobre todo a esquerda nacionalista, comprometida coa defensa do medio ambiente, e ao tempo defensora do “desenvolvemento económico do país e dos seus sectores produtivos”. Este tipo de conflitos aumentan a súa importancia día a día e non sempre se pode quedar un no medio.

MORTE AO MARKETING
Nos últimos meses coñecín un pouco mellor o mundo do marketing, o político e o empresarial. O mesmo dá, pois a súa análise da realidade e os instrumentos empregados para influír nela son moi semellantes. Ambos caracterízanse pola súa simplicidade, mesmo excesiva, e a súa tendencia a esquematizar realidades complexas para avanzar na consecución de obxectivos. Na miña opinión mesmo o marketing empresarial adoitar caer nun excesivo simplismo, á hora de analizar situacións complexas.

Pero o que cada vez se está demostrando máis errado é a moda do marketing político, iniciada nos Estados Unidos nos anos oitenta. A definición académica de “Marketing Político” é a de “conxunto de técnicas de investigación, planificación, xerenciamiento e comunicación que se empregan no deseño e execución de accións estratéxicas e tácticas ao longo dunha campaña política, sexa esta electoral ou de difusión institucional”.

O problema do marketing político é que se empeña en reducir a realidade a pares de conceptos, simplificándoa até o ridículo, sen decatarse de que a realidade, a xestión da sociedade, é SEMPRE moito máis complexa. O marketing, a través dunha linguaxe artificial e tecnicista, cre atopar solucións máxicas  e infalibles.  E ás veces acerta, mais non sempre.

Hoxendía, na política galega e estatal ningún partido se salva do abuso destas técnicas, que están afondando no afastamento entre cidadanía e políticos, agora protexidos por un entorno matemático, controlado.

Ollo, moitos dos seus instrumentos son moi útiles e eficaces. O que ocorre con estas cousas é que se adoita caer no papanatismo, colocando o instrumento por diante da súa función.

(*) Supoño que debo desculparme pola miña prolongada ausencia. Asuntos profesionais tivéronme bastante ocupado. Pero estou de volta. Xusto agora que os políticos marchan de vacacións.

¿O HARAKIRI DAS DEPUTACIÓNS?
Nestes días en que tanto se está a falar da Transición (dende agora e até o 2012 agárdannos unhas cantas conmemoracións de “30 anos de”), é bo lembrar un dos seus elementos máis orixinais, con respecto a outros procesos semellantes. En 1976 as Cortes Franquistas votaron a súa extinción, o que se acabou coñecendo como o harakiri político. A Lei para a Reforma Política implicaba a disolución das Cortes e a celebracións de eleccións democráticas; supoñía a transición da ditadura á democracia, “da lei á lei, pasando pola lei”. O franquismo debatiu a súa desaparición orgánica, e votou “si”.

Lembro isto estes días nos que tamén se está debatendo en Galicia a desaparición das Deputacións, restos dunha estrutura centralizada do Estado anterior ao “Estado das Autonomías”. Os partidos que apoian a eliminación destas estruturas de poder: BNG e, de xeito máis matizado, o PSOE, teñen a oportunidade de baleirar de competencias os organismos provinciais da Coruña e Lugo. A opción está aí, a opinión pública (medida en varias enquisas) apoiaría a supresión das Deputacións ou a redución das súas competencias. A pregunta é: ¿PSOE e BNG están dispostos a desfacerse dun instrumento de control político que ten demostrado manter unha influencia moi importante nos concellos de pequeno tamaño?

<o:p></o:p>De igual xeito, debátese estes días a reforma do sistema do voto emigrante, de grande importancia en Galicia. O voto da emigración adoita favorecer de xeito claro ao partido que exerce o poder en Madrid e, en menor medida, en Santiago. PSOE e BNG criticaron durante anos o sistema existente, por entender que permitía unha decisiva manipulación, exercida polo partido no poder, naquel momento o PP. Agora é o PSOE quen goberna en Madrid e Santiago, e parece que a idea de cambiar un sistema que lle beneficia resúltalle menos urxente do que era.

Non é doado renunciar ao poder. Non é doado renunciar a unha vantaxe competitiva, aínda que se estea convencido da súa inxustiza.

XA ESTAMOS EN CAMPAÑA
PSOE e BNG están medindo moito os detalles dos seus pactos en concellos e deputacións. Saben que as vindeiras eleccións municipais comezan a gañarse ou a perderse nestes acordos, nas áreas de xestión que controle cada partido, na percepción que a cidadanía teña sobre a responsabilidade dun e outro no funcionamento dos gobernos locais.

Pero PSOE e BNG non están pensando en 2011, pensan en 2008. As eleccións xerais están aí. Non serán en outono (non parece probable un adianto electoral), pero serán en marzo, o que significa que a campaña comezará á volta de Nadal. BNG e PSOE disputan en todos os comicios un voto fronteirizo, cun comportamento dual, que nas eleccións xerais adoita desprazarse cara ao lado socialista.

A campaña xa comezou. En Madrid o PSOE iniciou a súa batalla por recuperar os seus votos máis conservadores (pactos en Navarra, encarceramento de De Juana e Otegi…). E en Galicia non quere darlle ao BNG a máis mínima oportunidade para recuperar os votos que os nacionalistas perderon en 2004. O Bloque, pola súa banda, tampouco quere ser o prexudicado nunha nova bipolarización PP-PSOE.

Van ser meses de receos e riñas entre os socios do bipartito. Estamos en campaña (de novo).