Posts escritos por MarcosPerez

OS MONÁRQUICOS ACHEGAN A REPÚBLICA


Por fin. Abriuse o debate. 25 anos despois da aprobación da Constitución, comeza a debilitarse o gran tabú da monarquía. A fenda aberta aínda é pequena, pero comeza a falarse do tema nos medios, os actos de protesta vanse facendo máis frecuentes, e o tema instálase nas axendas, con características de conflito.
Ademais, a familia […]

IBARRETXE MARCA O PASO


A proposta de referendo lanzada por Ibarretxe a pasada semana está monopolizando o debate político. Pero pode producir un efecto máis importante: pode facer pivotar as eleccións de marzo sobre o conflito identitario, sobre todo naquelas nacións do Estado nos que este conflito é máis forte, Catalunya, Euskadi e, con dúbidas, Galicia. É un discurso […]

FRICIÓNS


Nas últimas semanas vimos asistindo a continuas friccións, escaramuzas tan só, entre os representantes de BNG e PSOE na Xunta. Está detrás a inmediata negociación dos orzamentos do executivo galego. E están detrás as eleccións de marzo. Curiosamente, os roces estanse producindo, en concreto, en todas aquelas áreas que non quedaron repartidas de xeito estanco […]

QUE MALO É QUINTANA (e iso que non estudou nunha Galescola)


Ao fío das Galescolas, estamos escoitando estes días moitas parvadas nos medios de comunicación de Madrid:
Cuando Quintana eructa, en vez de hablar gallego
La Xunta de Galicia entroniza “la raza superior celta” en una web educativa
Nacionalismo para bebés
La pesadilla de las galescolas
Gallegos a la fuerza
A Antxo Quintana (BNG) o el mundo al revés: los jóvenes gallegos […]

CENTRADOS


Está un pouco tolo o tempo ultimamente. No inverno non fixo frío, no verán non fixo calor. Seica o tempo tamén xira cara ao centro, “modérase”. Debe ser que está de moda. O PSOE xira ao centro, o BNG afirma que non ten ideoloxía. Curiosamente, os únicos que non están no centro son os que […]

PARVADAS AO REDOR DA VOLTA


Levo días escoitando parvadas ao redor da organización das etapas galegas da Volta a España. Primeiro foi o PP, hai unha semana, e agora é Ciudadanos de Catalunya, que por certo repite palabra por palabra a denuncia do Partido Popular. Gañas de chamar a atención en ambos os dous casos, de aparecer nos medios, sobre […]

TOMAR PARTIDO


Hai veces en que hai que tomar partido. Hai situacións ou conflitos sociais nos que non se pode estar en dous bandos a un tempo, aínda que a priori ambas opcións sexan respectables e importantes para determinados colectivos sociais. Nas últimas décadas estanse producindo decote choques entre dous conceptos: o da produción, ben industrial ou […]

MORTE AO MARKETING


Nos últimos meses coñecín un pouco mellor o mundo do marketing, o político e o empresarial. O mesmo dá, pois a súa análise da realidade e os instrumentos empregados para influír nela son moi semellantes. Ambos caracterízanse pola súa simplicidade, mesmo excesiva, e a súa tendencia a esquematizar realidades complexas para avanzar na consecución de […]

¿O HARAKIRI DAS DEPUTACIÓNS?


Nestes días en que tanto se está a falar da Transición (dende agora e até o 2012 agárdannos unhas cantas conmemoracións de “30 anos de”), é bo lembrar un dos seus elementos máis orixinais, con respecto a outros procesos semellantes. En 1976 as Cortes Franquistas votaron a súa extinción, o que se acabou coñecendo como […]

XA ESTAMOS EN CAMPAÑA


PSOE e BNG están medindo moito os detalles dos seus pactos en concellos e deputacións. Saben que as vindeiras eleccións municipais comezan a gañarse ou a perderse nestes acordos, nas áreas de xestión que controle cada partido, na percepción que a cidadanía teña sobre a responsabilidade dun e outro no funcionamento dos gobernos locais.
Pero PSOE […]

MarcosPerez