Animais políticos

Antón Losada, o reverso tenebroso
A estas horas todas as portadas dos medios galegos en internet coinciden en destacar o mesmo: O Consello da Xunta cesou a Antón Losada, a petición propia. Marcha o odiado número dous de Quintana sen moito ruído e sen máis declaración que “voume porque é a fin dun ciclo”.

Había insistentes rumores da súa marcha dende maio, polo menos.  O secretario xeral acumulou demasiadas polémicas absurdas, como o enfrontamento con El País porque falaran mal de Superpiñeiro, a bronca con Méndez Romeu por un quítame aló ese cartel e a revolta mediática para aclarar que  non maltrataba a súa criada. Os inimogos medráronlle e mesmo se dixo que presentaría a súa dimisión tras as municipais, pero vese que os malos resultados do  BNG (por moito que eles digan, foron malos) non aconsellaban tal mostra de debilidade. Pero vendo o caladiño e moderado que estivo Antón durante todo o verán, semella que xa tiña a decisión tomada, antes da batalla do himno e o veto da TVG.

Losada era, sen lugar a dúbidas, o alto cargo máis coñecido da Xunta (¿alguén que non sexa político nin xornalista sabería nomear a outro secretario xeral?), porque as súas funcións ían moito máis aló do que se lle supón a secretaría xeral de Relacións Institucionais. Máis que a negociar competencias con Madrid, Losada xogaba a ser o reverso tenebroso de Quintana, ese asesor que todos os políticos teñen e que serve para expresar opinións impopulares e darlle caña inclemente á oposición (ou ós socios de goberno, adepende). Iso foi Xaime Pita para Fraga, e iso é Pepiño Blanco para ZP.

Este señor da Mariña levaba tamén de modo oficioso a política de comunicación da Vicepresidencia e, algo menos,  a das consellerías do BNG . Nunca se recoñeceu oficialmente, pero era un segredo a berros, os berros que Losada lle pegou a máis dun responsable mediático por non poñer os titulares que el quería. Hoxe en moitas redaccións brindarase polo cesamento.

E tamén, como home polifacético que era, sabía de márquetin político (perdóeme a palabrota, señor Pérez) e tivo tamén moito que ver coa construcción da personaxe de Anxo Quintana Vicepresidente, ese que baila con vellas (coas nosas maiores) e que lles chama galescolas ás garderías.

Moitos cargos para unha soa persoa, e en todos se extralimitou Losada, nun interese desmedido por empregar e demostrar o poder que tiña. Foi demasiado tenebroso, demasiado agresivo cos medios, e demasiado producto de márquetin. Por iso non lle caía ben a ninguén, nin dentro nin fóra do BNG, aínda que agora que ven pasar o cadáver do inimigo todo sexan palabras amables.

Queda por ver agora como camiñará Quintana sen o bastón no que se converteu o seu asesor personal nestes últimos anos.

Voceiro en lugar do voceiro
Na Xunta de Portavoces, ese organismo de decide os asuntos que se tratarán nos plenos parlamentarios, falouse moito onte da Cidade da Cultura. Seica hai acordo para investigar nunha comisión parlamentaria un asunto que estaría moito mellor nos tribunais, porque a comisión non pode multar a ninguén, nin metelo no caldeiro tampouco, por moitos indicios de delcitos ou faltas que atope. O lobo non come carne de lobo, e ós políticos non lles gusta meter ós gobernos anteriores en tribunais, por se acaso lles fan o mesmo a eles nun futuro.

Pero na Xunta de Portavoces revelouse outra noticia que pasou desapercibida entre o rebumbio do Gaiás: Manuel Ruíz Rivas, que ata o de agora era viceportavoz do PP, substituíu a Xosé Manuel Barreiro como voceiro do Grupo Popular no Hórreo. A cadeira do portavoz, aínda que non reporta un poder real, é moi cotizada porque garante que un vai saír moito nos medios de comunicación. Cando Barreiro apoiou a Núñez Feijóo para ser o sucesor de Fraga, obtivo para el  unha vicepresidencia do PP con máis ben poucas competencias, o dereito a facer o que quixera na provincia de Lugo (por exemplo, botar fóra a Cacharro Pardo) e a portavocía do Grupo Parlamentario, o cargo con máis visibilidade despois do de líder supremo.

Porén, Barreiro viuse obrigado a recoller velas tras as municipais e a enorme cagada que supuxo perder a Deputación de Lugo, algo que só prevían as enquisas máis optimistas do PsdeG e no que o enfrontamento con Cacharro tivo abondo que ver. O PP en xeral, e Feijóo en particular, non lle dedicaron nin siquera unha lagrimiña de despedida, aló marchaba un dos poucos que, en teoría, se saía da líña actual do partido, unha liña que comeza na engominada cabeza de Feijóo e remata nas mesmas barbas de Rajoy.

Tras a retirada do home do ‘boirrete’, o PP gardou un silencio absoluto sobre quen o subtituiría (encantalle iso de gardar silencio sobre os asuntos internos, ao PP). Mesmo se especulaba coa posibilidade de que o propio Alberto Núñez asumise a portavocía parlamentaria, zarandeando un pouco o equilibrio interno imposto polo pacto da sucesión entre a xente de Feijóo (anteriormente coñecidos como xente de Romay Beccaría), a xente de Barreiro e a xente de Baltar. Pero os vaticinios non se cumpriron, o voceiro en lugar do voceiro será Ruíz Rivas, un home (teóricamente) na liña ‘boirretil’, aínda que máis agresivo nas súas declaracións do que nunca foi Barreiro.

Ruíz Rivas e un (outro) coruñés para a primeira liña política, que se formou na Deputación da Coruña e no concello de Ribeira, xunto a un liberal sen escrúpulos como José Luis Torres Colomer. Tamén é un dos deputados que máis tempo levan no Hórreo, dende 1993, concretamente. É un tipo de perfil duro e de verbas aínda máis duras. Pero, por sorte, o PP non escolleu como substituto de Barreiro ao outro viceportavoz, Roberto Castro, un dos maiores demagogos que se sentan no hemiciclo. Miren que agora xa non son moi serios, pero el os debates podían terse convertido en programas de Salsa Rosa.

¿Que din os rumorosos?
Ben, xa é oficial. Anxo Quintana conseguiu iniciar unha polémica estéril. O home andaba aburrido, todo agosto en Allariz tirado á bartola e entroulle gana de que falasen del os xornais de aquí e os de Madrid. E entre todas as cousas que podía facer para lograr tal obxectivo, como propoñer un referendo para a independencia segundo a moda escocesa ou subirse espido ó escenario no concerto da Banda Bassotti en Ferrol, o noso Quin escolleu pedir que todos os nenos saiban a letra do himno galego, agora que se achega o seu centenario. (vaia vostede a saber quen lle suxeriu a idea). E a xogada saíulle ben, fixéronlle caso. Demasiado, diría eu.

Porque, non nos enganemos, os himnos nacionais só son útiles só para cantar nos actos públicos, nas manifas e nos partidos de fútbol, e dá exactamente igual que os nenos (e os políticos) os saiban ou non de memoria , mentres non lles fagan comezar todas as clases (ou consellos da Xunta) cantándoo en pé e coa man no corazón. Aprenderse un poema de memoria nunca pode ser malo pero persoalmente, me preocupa moito máis que a xente descoñeza para que vale o Estatuto ou como funciona o Parlamento, aínda que ninguén semella estar interesado en que se explique iso nos plans de estudos.

Tampouco son un gran admirador de Pondal (adoito preferir poetas que non lle canten ó estupro), nin considero que unha espesa louvanza ós pinos e ós celtas “oficialice os sentimentos de Galicia”, como di Quintana. Agora ben, hai que ter pouca comprensión lectora e poucos coñecementos históricos para afirmar, como fixeron en el Mundo que Os Pinos insulta a quen non entende o galego (e non poño o enlace directo porque é un artigo de pago, que cousa). Se eu son profesor de literatura, lle pido a un rapaz que me faga un comentario de texto sobre este poema e me pon iso, ten un suspenso como unha casa. Pero vindo do diario de Pedro J., o único que sorprende é que non relacionaran a Pondal con ETA.

E, tras o rebumbio de protestas no mundo da cultura e adxacentes, chega á polémica pondaliana o ilustre galego no exilio, Mariano Rajoy, que demostra que é un verdadeiro home de rúa, capaz de ter opinións paisanas coma calquera parroquiano nunha taberna, e nos di: “Mellor estudar inglés que o himno”, deixando co cu ó aire o seu (teórico) compañeiro de partido Diego Calvo e demostrando que o seu nivel de discurso político está en números negativos. Alomenos non prometeu que incluiría o ensino de linguas estranxeiras no Plan Galicia cando sexa presidente.

De seguro que a celebración do centenario da melodía de Pascual Veiga  vai ser moi divertida. Ó mellor ata opina Touriño e todo.

¿Pérez Varela nos tribunais?
Levei unha boa sorpresa lendo a información do día. Di Antonio López, conselleiro maior do Consello de Contas (obrigada redundancia) que o lóxico sería que houbera sancións xudiciais para os membros do ex goberno de Fraga polo ter tirado tantos cartos públicos ó lixo coa Cidade da Cultura. É a típica cousa que diría o xefe da oposición tranquilamente á hora de almorzar, pero ver esas palabras en boca do representante dun deses órganos pretendidamente independentes do Goberno non deixa de ser novidoso.

Aclaro o conto. O señor López remítese ao informe que o Consello de Contas, un organismo que se encarga de revisar os gastos da Xunta, fixo sobre o ano 2004 (e que puidemos ler a finais de xullo deste ano con velocidade funcionarial). A tal auditoría pon a caer dun burro a xestión do mausoleo do Gaiás. Evidentemente, nese período  todas as críticas lle caían a Fraga, cousa doada agora que anda aló no Senado, pero nas conclusións tamén se lle daba un croque á señorita Bugallo pola indeterminación coa que se enfrontou a tan infumable proxecto.

Mentres socialistas e nacionalistas rachaban as vestiduras e  trataban de deixar claro que eles non gobernaban no 2004, a CIG fixo algo realmente sensato e pediulle a Fiscalía que investigue cantas faltas e/ou delictos lles poden caer os ex gobernantes polos feitos que se detallan nese informe. E o recén nomeado conselleiro maior lle parece ben a idea.

Dubido que a CIG, sindicato nacionalista, non actuaría igual se o informe de 2006 (nos seus monitores en xullo de 2010) dálle un pau comparable á actual conselleira. Non sei se o señor Antonio López, afín ó PsdeG, estaría disposto a asinar unha auditoría tan crítica nos anos vindeiros. Pero, malos a parte, estamos ante un feito inédito neste país e neste Estado: que se lle esixa verdadeira responsabilidade aos políticos pola súa xestión.

Que eu lembre, o máis parecido que vin a unha represalia á clase política foi a dimisión de Cuiña cando o Prestige, e foi máis un sacrificio a Aznar que outra cousa. Aquí vese normal e ata correcto mangonear cartos públicos. Aquí o  normal é facer teatro nos medios, non acudir ó poder xudicial. Por iso este asunto me parece digno de atención, e aínda que non foi a Xunta a que chamou ó fiscal, como tería sido correcto, polo menos comezamos a ver que un deses pretendidos órganos de control do Goberno fai o seu traballo e apoia a vía xudicial. Así é como se supón que teñen que funcionar as cousas.

¿Podemos crer que os novos conselleiros de contas van tomar en serio o seu papel? Eu non diría tanto, pero sería fermoso, e máis fermoso aínda que o fiscal se animase a presentar cargos e que lles caese unha boa sentenza a Pérez Varela e o seu gabinete. Se iso sucede, comezarei a pensar que estamos nun país civilizado no que a separación de poderes non é só un conto para nenos.

Editado: O que son as cousas. Se antes abre un a boca, antes descubre que estaba equivocado. O señor Antonio López retractouse das súas palabras e botoulle á culpa ós xornalistas de malinterpretalas (un clásico do escaqueo). El só dixo que, en algúns informes do Consello de Contas atópanse delictos, pero non ten ningún interese en que se xulgue a ninguén por eles. Total, só malversaron fondos públicos ¿Quen non fixo eso algunha vez na vida? ¡Que país este!

Non hai nada que ofrendar
Presuntamente, vivimos nun Estado laico e aconfesional. Tan presuntamente como que todos os cidadáns son iguais ante a lei. Iso pon a Constitución, pero cousas como o secuestro de El Jueves por meterse co Grande Herdeiro Borbónico  fannos dubidar da segunda afirmación. E cousas como a Ofrenda ó Apóstolo poñen a primeira en entredito.

Cada 25 de xullo éme imposible reprimir o repelús que me dá ver a un representante do Estado na Catedral posto de xeonllos para pedirlle cousas a un señor que, presuntamente tamén, leva 2.000 anos morto. Nas últimas décadas pasaron relixiosamente (como non) pola cerimonia o presidente da Xunta, a presidenta do Parlamento, o alcalde de Santiago, e o noso monarca constitucional desigualitario (só se cadra Xacobeo), a pedirlle os dubidosos restos mortais do Apóstolo que acabe co terrorismo, co paro, co maltratamento e que nos traía o AVE. Salta a vista que Santiago o Maior non é nada eficaz, normal, os mortos non adoitan ter moita capacidade de actuación fóra dos filmes de George A. Romero, pero en todo caso a ofrendiña serve para que o arcebispo de Compostela nos lembre, vía televisión e radio públicas, que o cristianismo é a verdade e que non seguilo podre as almas dos homes e fai que se lles caian dos dentes.

Non nego que a relixión non me inspira a máis mínima confianza ¿como darlle crédito a alguén que afirma que todo o que un precisa saber está nun só libro? Pero, fobias persoais a parte, o malo da Ofrenda de marras é un claro sometemento do poder terreal ó poder relixioso, ó máis puro estilo do Antigo Réxime, unha cerimonia que reafirma o poder social da Igrexa Católica e que, sendo estritos, podería ser impugnada como inconstitucional. ¿Por que non se anima o BNG a organizar unha recollida de sinaturas nese sentido?

Eu as cousas difíciles non as entendo…
Algo se move no PPdeG. Mentres os outros dous partidos con representación parlamentaria permanecen aletargados polo (presunto) verán, agás excepcións puntuais e provinciais, Feijóo está á que salta… posuído, sen dúbida, por ese extraño espírito que se chama “precampaña“.

Oprimus inter pares do PPdeG, anda máis esquizofrénico que nunca. Primero mételle dinamina a lonxeva pax lingüística e bota para atrás un decreto que antes aprobara, con argumentos tan inapelables como o que puidemos ler esta semana “Antes a lingua materna era a dos pais, non a do goberno”. ¿Vale iso tamén para os fillos dos inmigrantes marroquís e subsaharianos? Temo que nunca o saberemos.

Non contento con iso, convértese tamen no defensor e paladín de Marianosh e insiste en que hai que cambiar a Lei Electoral  para que gañe o que teña máis votos, pola conta que lles ten. Tal demanda é unha versión remasterizada do clásico “en mi casa jugamos así”, pensada para facer que as únicas minorías que teñan voz sexan as minorías millonarias. Poderíase criticar máis aló, pero non é necesario cando o propio Feijóo declarou e declara (aquí mesmo, cara o medio da entrevista) que está disposto a aproveitarse da Lei que tanto lle molesta, e proponlle un (difícil) pacto ó Bloque, ó estilo dos seus compañeiros en Canarias.

Uns ollos inexpertos verían aquí unha contradicción, pero iso é porque non coñecen a Feijóo, que se explica como un sofista grego: «Lo que no puede ocurrir es que propongamos antes, durante y después de las elecciones que gobierne la lista más votada, se nos diga que no somos capaces de pactar con nadie y encima se nos prohíba pactar con alguien». E ponlle punto final ó debate: «Es muy difícil de entender y yo las cosas difíciles de entender no las entiendo».

Menos mal que chove…
Veña, xa vai sendo tempo de reactivar o blog este ¿non?

A maioría dos galegos andan dende do 21 de xuño botando pestes contra este clima atlántico tan noso. Que se xa é verán e non vimos máis que néboa e choiva, que se que asco de tempo, que se así non hai quen pise a praia… Ben, razón non lles falta, pero hai que mirarlle tamén o lado bo ó asunto. E non falo da fermosura dos ceos grises, cantada por Siniestro Total, falo de que é unha sorte que chova, porque hoxe en día o mal tempo semella ser o único capaz de librarnos dunha nova crise de lumes forestais.

Moita boa intención o ano pasado, moito Pladiga anunciado a bombo e platillo, e moito exército nos montes, pero a Consellería do Medio Rural non conseguíu que Galicia deixase de ser altamente inflamable. Non se reformou o sistema de queimas autorizadas, que segue a ser un dos máis permisivos do Estado (na comunidade con máis incendios… sen comentarios). Non se lle meteu man ó principal punto feble dos servizos de extinción, as cuadrillas municipais, que de sempre serviron para colocar ós cuñados inútiles dos alcaldes e cuxa reforma quedou no limbo no que están as negociacións do Pacto Local. E tampouco se reforzaron realmente os efectivos da Xunta, quen, segundo os seus líderes sindicais, están peor que antes (o que significa, que como pouco, non melloraron en nada) e inda por riba ameazan con ir á folga.

O severo cabreo no colectivo dos axentes forestais vai máis aló. Eses tipos son os que coidan os montes todo o ano e que, como coñecen o terreo e a forma na que se espalla o lume, tamén coordinan os equipos de extinción. De sempre, os axentes forestais teñen queixas sobre as cuadrillas municipais (esas que non se reforman) porque o 90% dos seus integrantes carecen de formación e non teñen nin idea de que facer perante un incendio. E resulta que ¿como se reforza a vixiancia dos montes este ano? Co exército, si, e con voluntarios, os que se lles da un folleto e un cursiño dun día. O principal temor é que, dado o elevado número de queimas autorizadas (esas que non se reforman), a radio dos axentes forestais estea todo o día ocupada con falsas alarmas. Carne de pposición, vexan.

Así que deixen que chova, que chova, e toquemos madeira (de eucalipto, claro). Con sorte, o clima atlántico librararos doutro agosto como o de 2006, e regalaralle un ano máis o señor Alfredo Suárez Canal para enfrontarse a estes problemiñas, a ver se tal. E se teñen ganas de ir á praia, aproveiten as vacacións para ir o Algarve, que din que é fermoso nesta época do ano.

Pactos entre o PP e o BNG
A dobre personalidade debe de ser un requerimento importante para que a un o deixen ser político en Galicia. Fiel ó mito do galego na escaleira, é ben coñecida a tendencia cuántica do presidente da Xunta, o señor Pérez Touriño, a afirmar e negar as cousas nunha mesma frase. “Reganosa é ilegal, pero xa está feita”, “Quérolle moito ó BNG, pero os alcaldes son os alcaldes…”.

Porén, o xefísimo da oposición, Alberto Núñez (Feijóo), non queda atrás en compoñente esquizofrénica. Lúcea menos, pero dun modo máis brutal, xa que é capaz de cambiar entre o discurso centralista máis pechado e as proclamas galeguistas como quen cambia entre os calzóns largos e os slips. O mesmo nos avisa dos perigos de ETA e repite consignas marianixtas (“Quegobiernelmásvotao, quegobiernelmásvotao”), que se pon (figuradamente) a camiseta da selección galega e insiste (insiste moito, moito) en pactar co BNG.

Talvez se vise seducido polos argumentos de Baltar, que dixo o outro día (e Calidona dá fe) na Radio Galega que habería que buscarse un socio de goberno se non son quen de manter as maiorías. Ou talvez só queira sementar o desconcerto. Pero non deixa de resultar curioso que este home se esqueza de súpeto de que o máis Popular dos Partidos, o seu, leva toda a lexislatura dándolle moita máis caña o Bloque que o PSOE (Antón Losada mediante), que en Madrid non lles gustan nada estas cousas, que o BNG é, teoricamente alomenos, un partido de esquerdas e os seus votantes non lle ían poñer moi boa cara se pacta co… centro.

Fora de casos puntuais, que cada concello é un mundo, un pacto PP-BNG semella raro-raro. Tamén semella que Feijóo quere facer da necesidade unha virtude: “Non é que a política do meu partido faga imposible pactar con ninguén, eu ofrézome, pero eles non queren gobernar comigo ¡malos!”.

Alcaldes Frikis (II): Os que perderon
Xosé Manuel Cendán, de Ares, saíu tocado da loita fratricida co seu irmán, Luis. Seica os dous querían mandar máis do que lles tocaba (non sei cantose poderá mandar en Ares, pero…) e, pese a que intentaron solucionalo varias veces a berros no bar da familia, Os Nanos, non houbo acordo e sí escisión. Luis Cendán, o irmán pobre, fundou o seu propio partido, con todos os concelleiros do PP da vila, e que decidan os votantes. E os votantes decidiron que haberá bipartito entre o PSOE e o BNG. Mala sorte, sigan xogando.

Ramón Rodríguez Ares, de Sada, volve perder as eleccións, pese ó innegable gancho que tiña o seu eslógan Moncho y Sada, ¡Que pasada! Porén, a última vez a derrota nas urnas non foi abondo para mantelo afastado da alcaldía, xa que un oportuno tránsfuga socialista pasouse o seu partido, o SAPO (partido demócrata SAda POpular, aínda que as siglas oficiais son PDSP). Desta vez, o goberno depende de que o único edil da formación independente ASU (Agrupación Sada Unida) apoie a BNG e PSdeG. Risos garantidos na investidura.

Teodosio Martino, de Ordes, o alcade que cobraba máis que o presidente da Xunta, pasa de ter nove concelleiros a ter catro ¿Paliza? A medias, xa que os gañadores das eleccións, o UXO (Unión por Ordes) son, en realidade, cabreados que marcharon do PP por non entenderse con Martino (¿non tiñan super-soldos, talvez?), así que o voto conservador non se move do sitio. En fin, que con seis grupos políticos nun pleno de 17 concelleiros, sabe deux quen vai ser o alcalde de Ordes. Outra investidura para non perderse.

E reservo ó mellor para o final, Armando Blanco, de Teo, o Rei das Tortillas, vai ter que marchar para casa e recuperar o seu posto de funcionario en excedencia, logo de perder dous concelleiros ante o ascenso do BNG. Os ordenses vivirán máis tranquilos, pero de seguro que rirán moito menos co novo alcalde.

A modo de conclusión, semella que a maioría dos noso alcaldes ‘peculiares’ renovarán os seus gobernos e mesmo os que perden non foron  derrotados con claridade (agás Martino). Poderíamos dicir, como hipótese, que canto máis raro é o alcalde, máis fidelidade desperta. Lembrade senón a Paco Vázquez…

P.S.- No Galpón de Breogán tendes un enfoque moito máis divertido sobre o tema.

Alcaldes Frikis (I): Os que gañaron
Tras os análises perpetrados polos meus compañeiros de blog, pouco queda que comentar sobre estas eleccións municipais, pouco serio alomenos, pero coido que hai un tema que non se tratou, e que ten moito que ver coa idiosincrasia do voto galego. ¿Que pasou cos nosos alcaldes frikis? Pois imos velo:

Senén Pousa Soto, de Beade, que fai misa cada 20 de novembro, polo cabodano de Franco, e ameaza ós veciños que reclaman agua potable nas súas casas (¡os moi masóns!), mantén o seu sillón de alcalde, pese a cederlle un concelleiro ó PSdeG.  Supoño que o entrañable que está cantando o Cara al Sol fai imposible non votarlle.

Antonio Campo, alcalde de Ortigueira, famoso por formar un dúo humorístico con Pocholo Martínez-Bordíu (”tu vives en una caravana porque eres pobre”) e por xogar con billetes de 500 euros coma se fosen clínex, mantén intacta a súa maioría absoluta pese a deixarse un concelleiro polo camiño, como xa salientou o doutor Marcos Pérez. ¿Quen non lle confiaría o seu voto a un tipo que afirma ter tantas mulleres ó seu servizo?

José Antonio Landín, de Barro, logra mellorar os seus resultados tras ser o home que (presuntamente, non esquezamos o presuntamente) encerrou baixo chave cinco motobombas mentres o lume cercaba ó seu concello, foi a Comisión do Parlamento a facer resitencia pacífica tipo Gandhi e logo adicouse a saír nos xornais a acusar ós ecoloxistas de queimar o monte. Alguén que mira tanto polo seu e os seus ten á forza que ser un bo alcalde.

Xoan Gato, de Narón, alma da Ferrolterra, cerebro de Terra Galega (xunto con Cacharro Pardo, din as malas linguas) volve ser o máis votado, pese as súas múltiples peculiaridades urbanísticas e pese a cobrar impostos polo saneamento das augas fecais aínda que non haxa depuradora. Así a todo, perdeu tres concelleiros e con eles, a maioría absoluta, polo que anda enrabechado e pode abandonar a alcaldía, que é súa dende 1979… ou poden botalo, non está claro.

Jesús Ares, de Toques, experto en meterlle man ás menores e en agredir fotógrafos, volve ser o candidato máis votado no seu concello, coa súa formación Xuntos Cara o Progreso de Toques (XCPT), pero perde a maioría absoluta (oooohh). Porén, para quitarlle o goberno será preciso un pacto tripartito entre PP, PSOE e BNG ¿Veremos tal cousa?

Ángel García Seoane, Gelo, de Oleiros e a súa Alternativa dos Veciños foron outra vez os favorito dos votantes, aínda que deixaron un concelleiro polo camiño e de novo terá que pactar con alguén, cousa difícil porque semella que todo o mundo o odia. O acordeonista máis famoso de Galicia, colega de Fidel Castro, vixiado pola CIA e inimigo de Israel, foi un dos poucos alcaldes de Galicia que aprobou un PXOM que reduce a edificabilidade, aínda que (presuntamente, de novo), fixo por enriquecerse auto-expropíandose terreos. De todo o lote, é o máis simpático por moito e o único que nunca gobernou con maioría absoluta.

Veña, mañá remato o rollo falando dos que perderon.