Perigo, recesión


Toca elaborar os orzamentos da Xunta. Antes de que remate o ano teremos as contas da Administración autonómica para 2008 e non esperen grandes novidades, que non as haberá. Sanidade e educación captarán a maioría dos fondos que xestiona o Goberno galego. É o que ten vivir na sociedade do benestar.

Pero nunha desas reunións con sindicatos e empresarios previas á presentación no Parlamento dos OXG (Orzamentos Xerais de Galicia, para entendermos), adiantouse a previsión de crecemento do PIB galego para 2008: nada máis e nada menos que un 3,5%.

A cifra, se se cumpre, non é mala. Todo o contrario. É máis que a previsión do crecemento estatal, e tamén supera a estimación realizada polo Goberno galego para este 2007. Sen embargo, nesa reunión púxose de manifesto que salvo catástrofe, a economía galega terminará crecendo unha media de un 4% neste ano. E ollo, que nalgúns meses chegou crecer aínda máis. Cifras inmellorables, dende logo, cunhas exportacións e un sector industrial a pleno rendemento.

Pero albíscanse tempos de retroceso. Chámenlle desaceleración, recesión ou como lles guste. Resumindo: dase por feito que a economía crecerá en 2008 menos do que creceu este ano.

Tanto as consecuencias como as causas están claras. Causas: a situación da economía mundial e o parón que sufrirá a actividade inmobiliaria derivada da primeira. Só os ousados atrévense a día de hoxe a mercar terreos, suscribir unha hipoteca ou xogarse os cartos na bolsa. Dá a impresión de que a maioría da xente está, tirando de tópicos, a velas vir. Pero as hecatombes de Astroc ou LLanera teñen suficiente importancia como para non tomar o tema a cachondeo.

En canto as consecuencias, a Xunta xa fala de que se crearán 32.000 empregos, fronte aos 37.000 creados este ano. Agora ben, a patronal tamén advertiu de que o impulso da obra pública será clave para a caída da construcción residencial. En conxunto, a construcción -e actividades derivadas- dá traballo a preto de 200.000 galegos. Porque guste ou non, o Fogar de Breogán tamén utiliza un bo número de ladrillos.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Embarazos no Parlamento
OS MONÁRQUICOS ACHEGAN A REPÚBLICA

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

Unha das apostas máis importantes da economía galega é a adaptación do tecido empresarial galego ás TIC, as Tecnoloxías de Información e Comunicación. neste senso, Caixanova promove o produto Renovación Tecnológica orientado ás pemes e ós profesionais.

os interesados só teñen que explicar na súa páxina o que lles fai falta: ordenadores, software, dominio de internet, cursos de novas tecnoloxías…; en Renovación Tecnológica recollen ofertas de varios proveedores, presentanlles as cinco mellores e financian a operación sen intereses. chámanlle “a solución redonda”, ;).

pero é unha boa oportunidade.

Ridiós, non metamos o susto no corpo, señores… Xa estaba eu facendo as maletas para emigrar á China, cando se me deu por ler o artigo máis alá do títular… A recesión non é o mesmo que a desaceleración.

A desaceleración é a situación que se describe no artigo, e non é tan mala como a recesión, que é cando, eufemísticamente, se “medra negativamente”, ou o que é o mesmo, que baixa o Producto Interior Bruto. Cando sucede isto adoitan darse guerras, ou cando menos o paro aumenta desaforadamente e moitas familias descenden escalafóns de clases sociais…

Unha puntualización, cando me refiro a que baixa o Producto interior bruto refírome precisamente a iso, en termos absolutos, non a que descenda a taxa de crecemento do PIB, que é o que se dá nunha desaceleración.

Boa puntualización, Zenone. Adoita confundirse os termos. Está claro que o que nos atinxe é unha etapa de desaceleración, porque de feito a Xunta xa ten anunciado que incrementará o investimento en obra pública (estradas e vivenda protexida, sobre todo) para compensar a caída na demanda de vivenda libre, sobre todo de segunda residencia.

En todo caso, quixen referirme a que a economía galega, salvo novidade, crecerá en 08 menos que en 07. Pero tes toda a razón: se en realidade houbese recesión, mellor coller as maletas…