Voceiro en lugar do voceiro


Na Xunta de Portavoces, ese organismo de decide os asuntos que se tratarán nos plenos parlamentarios, falouse moito onte da Cidade da Cultura. Seica hai acordo para investigar nunha comisión parlamentaria un asunto que estaría moito mellor nos tribunais, porque a comisión non pode multar a ninguén, nin metelo no caldeiro tampouco, por moitos indicios de delcitos ou faltas que atope. O lobo non come carne de lobo, e ós políticos non lles gusta meter ós gobernos anteriores en tribunais, por se acaso lles fan o mesmo a eles nun futuro.

Pero na Xunta de Portavoces revelouse outra noticia que pasou desapercibida entre o rebumbio do Gaiás: Manuel Ruíz Rivas, que ata o de agora era viceportavoz do PP, substituíu a Xosé Manuel Barreiro como voceiro do Grupo Popular no Hórreo. A cadeira do portavoz, aínda que non reporta un poder real, é moi cotizada porque garante que un vai saír moito nos medios de comunicación. Cando Barreiro apoiou a Núñez Feijóo para ser o sucesor de Fraga, obtivo para el unha vicepresidencia do PP con máis ben poucas competencias, o dereito a facer o que quixera na provincia de Lugo (por exemplo, botar fóra a Cacharro Pardo) e a portavocía do Grupo Parlamentario, o cargo con máis visibilidade despois do de líder supremo.

Porén, Barreiro viuse obrigado a recoller velas tras as municipais e a enorme cagada que supuxo perder a Deputación de Lugo, algo que só prevían as enquisas máis optimistas do PsdeG e no que o enfrontamento con Cacharro tivo abondo que ver. O PP en xeral, e Feijóo en particular, non lle dedicaron nin siquera unha lagrimiña de despedida, aló marchaba un dos poucos que, en teoría, se saía da líña actual do partido, unha liña que comeza na engominada cabeza de Feijóo e remata nas mesmas barbas de Rajoy.

Tras a retirada do home do ‘boirrete’, o PP gardou un silencio absoluto sobre quen o subtituiría (encantalle iso de gardar silencio sobre os asuntos internos, ao PP). Mesmo se especulaba coa posibilidade de que o propio Alberto Núñez asumise a portavocía parlamentaria, zarandeando un pouco o equilibrio interno imposto polo pacto da sucesión entre a xente de Feijóo (anteriormente coñecidos como xente de Romay Beccaría), a xente de Barreiro e a xente de Baltar. Pero os vaticinios non se cumpriron, o voceiro en lugar do voceiro será Ruíz Rivas, un home (teóricamente) na liña ‘boirretil’, aínda que máis agresivo nas súas declaracións do que nunca foi Barreiro.

Ruíz Rivas e un (outro) coruñés para a primeira liña política, que se formou na Deputación da Coruña e no concello de Ribeira, xunto a un liberal sen escrúpulos como José Luis Torres Colomer. Tamén é un dos deputados que máis tempo levan no Hórreo, dende 1993, concretamente. É un tipo de perfil duro e de verbas aínda máis duras. Pero, por sorte, o PP non escolleu como substituto de Barreiro ao outro viceportavoz, Roberto Castro, un dos maiores demagogos que se sentan no hemiciclo. Miren que agora xa non son moi serios, pero el os debates podían terse convertido en programas de Salsa Rosa.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Antón Losada, o reverso tenebroso
QUE MALO É QUINTANA (e iso que non estudou nunha Galescola)

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

Pois si, un home coma Roberto Castro, da Mezquita, podería ter iluminado o noso camiño coas ensinanzas do Corán.

Por outra parte demagoxia é unha palabra moi fea. Sofismo paréceme moito máis curriña.

Roberto Castro, baltarista de pro.

Con el, o Parlamento pareceríase moito máis a Deputación de Ourense.

Que iso sexa bo ou malo queda a elección de cada quen.