Arquivos do sitio

CENTRADOS


Está un pouco tolo o tempo ultimamente. No inverno non fixo frío, no verán non fixo calor. Seica o tempo tamén xira cara ao centro, “modérase”. Debe ser que está de moda. O PSOE xira ao centro, o BNG afirma que non ten ideoloxía. Curiosamente, os únicos que non están no centro son os que […]

Eterno Monte Gaiás


O da Cidade da Cultura colle tintes de asemellarse cada día máis ao Guadiana. Aparece e desaparece da escena política galega sen que o ninguén o poida predecir. Se cadra é pola falta de temas (orixinais) de debate, pero o certo é que estase a convertir nun tema recurrente que enche periódicos, roldas de prensa […]

¿Que din os rumorosos?


Ben, xa é oficial. Anxo Quintana conseguiu iniciar unha polémica estéril. O home andaba aburrido, todo agosto en Allariz tirado á bartola e entroulle gana de que falasen del os xornais de aquí e os de Madrid. E entre todas as cousas que podía facer para lograr tal obxectivo, como propoñer un referendo para a […]

PARVADAS AO REDOR DA VOLTA


Levo días escoitando parvadas ao redor da organización das etapas galegas da Volta a España. Primeiro foi o PP, hai unha semana, e agora é Ciudadanos de Catalunya, que por certo repite palabra por palabra a denuncia do Partido Popular. Gañas de chamar a atención en ambos os dous casos, de aparecer nos medios, sobre […]

TOMAR PARTIDO


Hai veces en que hai que tomar partido. Hai situacións ou conflitos sociais nos que non se pode estar en dous bandos a un tempo, aínda que a priori ambas opcións sexan respectables e importantes para determinados colectivos sociais. Nas últimas décadas estanse producindo decote choques entre dous conceptos: o da produción, ben industrial ou […]

¿Pérez Varela nos tribunais?


Levei unha boa sorpresa lendo a información do día. Di Antonio López, conselleiro maior do Consello de Contas (obrigada redundancia) que o lóxico sería que houbera sancións xudiciais para os membros do ex goberno de Fraga polo ter tirado tantos cartos públicos ó lixo coa Cidade da Cultura. É a típica cousa que diría o […]

MORTE AO MARKETING


Nos últimos meses coñecín un pouco mellor o mundo do marketing, o político e o empresarial. O mesmo dá, pois a súa análise da realidade e os instrumentos empregados para influír nela son moi semellantes. Ambos caracterízanse pola súa simplicidade, mesmo excesiva, e a súa tendencia a esquematizar realidades complexas para avanzar na consecución de […]