NATIVOS E COLONOS


Sempre me fixo moita graza o enfrontamento veado que existe nalgúns concellos das áreas metropolitanas entre os veciños que levan vivindo alí “toda a vida” e os recén chegados. Sucede sobre todo naquelas vilas que experimentaron un crecemento moi acelerado nos últimos anos, e que pasaron de ser concellos rurais de poboación envellecida a pequenas cidades de case trinta mil habitantes, cunha alta proporción de xente nova.

É o caso dalgúns lugares da contorna de Compostela, como Ames ou Teo, tradicionalmente gobernados pola dereita, e cuns hábitos de voto propios da Galicia interior, rural e agraria. Porén, iso comezou a cambiar nos anos noventa, coa chegada de poboación foránea que se empadroou aproveitando a grande oferta de vivendas e o seu baixo prezo.

Contan que nestes concellos os veciños que levan máis tempo chámanlles “colonos” aos novos cidadáns, que lles devolven a chanza denominando “nativos” aos primeiros.

Ames viviu o seu cambio en 2003, cando PSOE e BNG superaron ao PP por un concelleiro. En Teo, en cambio, un feixe de votos privaron ao BNG do seu quinto representante, o que outorgou de novo a Armando Blanco a alcaldía, co apoio duns independentes.

Desta vez semella que si, que Teo vaise desarmar. E será, sobre todo, polos colonos. Pero tamén por moitos nativos. E é que son moitos anos xa.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Festa da democracia
A dubidosa resurreción do Plan Galicia

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

¡Sé o primeiro en deixar un comentario!