¿Están xustificados eses medios?


Agora que pasou o peor, e que semella que xa hai acordo inicial para rematar coas protestas do naval en Vigo, chega a hora apropiada de facer balance.
Máis aló dos termos económicos, que os haberá cedo, a alcaldesa de Vigo xa falou de que o que máis danos sufriu ao longo destes días foi a imaxe de Galicia e do sector en xeral, e da cidade olívica en particular. Algo semellante ao que sucedeu durante aquelas mortes violentas nas discotecas de marras.
Algo de razón teñen. Quizais sexa a falta de costume, pero poucas veces nun país da Unión Europea tense visto a un grupo de manifestantes asaltar un edificio oficial e acabar tirando polo aire expedientes de persoas que pouco teñen que ver co tema. A imaxe da xente buscando e recollendo os informes foi, cando menos, de república bananeira.
A maior escala, pero na mesma liña, foi o que sucedeu cando aqueles traballadores do Prat acabaron na pista entorpecendo o tráfico aéreo, poñendo en risco as súas vidas e montando a marimorena no aeroporto catalán. Daquela metéronlle unha querella criminal, e desta volta, tamén.
A pregunta está clara: se ao dano “na imaxe” e o asalto á delegación de Traballo lles sumamos os cortes na autopista, os danos materiais e o malestar xeneralizado… ¿ata que punto xustifica un determinado obxectivo o uso de determinados medios?

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
MARÉS, ENQUISAS E ELECCIÓNS
O mal do naval

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

Non, señor Rey, os danos a terceiros non están xustificados e está ben que xulguen a quen os cometeu.

Porén, non estaría mal que os incumprimentos de convenios colectivos tamén fosen delictos que se castigasen.

Xa se teñen salientado moito as tropelías dos traballadores, por iso quixen eu sinalar as dos empresarios, que non se cometen en dúas semanas de folga, senón 365 días ó ano.

En todo caso, grazas por matizarme. Así isto vai collendo vidilla.