¿Por que Touriño non debate?


Porque non sabe.

O noso presidente non foi chamado polo camiño da oratoria, como di o señor Pérez e como sabe calquera que o escoitara falar algunha vez. Trabúcase, non se explica ben, repite unha e outra vez os mesmos datos e encaixa moi mal que lle rebatan algunha afirmación. Na tele, tanto Feijóo como Quintana, sen ser ningún dos dous un Castelar, podían telo comido con patatiñas. El sábeo, e tamén o saben os seus asesores, e por iso non lle deixan lucir a súa dialéctica en público.

¿Significa iso que é un mal político? Non necesariamente. As virtudes de Touriño son outras, máis relacionadas co planeamento, coas cuestións técnicas e con todas esas labores de enxeñería escura que fan que funcione un goberno. Din que niso é bo, ben, podemos crelo, pero é unha virtude difícil de vender de San Caetano para fóra. Así que, para disimular, el adícase a pasar desapercibido, que así non lle atribúen méritos pero tampouco cagadas.

Pero desta víuselle o plumeiro. Iso de mandar a Orozco a debater, así, as bravas, que estaba o pobre máis despistado que o que fixo a vendima en xuño, foi unha mala xogada. Houbo moitas peticións, moitas preguntas que o presi non soubo responder, porque iso de “e que non quero tapar ós que piden ó voto” foi a peor excusa que nos botaron á cara en anos. De seguro que non tivera quedado tan mal se fose ó debate.

En fin. Se cremos na súa palabra, verémolo nos platós da TVG en 2009, cando nos pida o voto. Xa pode aproveitar estes dous anos para ir tomando clases de discurso, se non quere que o coman con patatiñas.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
O mal do naval
Aínda que aburra, a xente quere debate

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

Mola. Absolutamente de acordo. A ver se aprende de aquí a alá.

Veremos a ver.

De feito, se non fose polos convulsos anos 90 do PSdeG, cando Paco Vázquez era secretario xeral e levábase mellor con Fraga que cos seus compañeiros de partido, un tipo como Touriño, de perfil tan técnico, nunca tería chegado a líder. Cousas que pasan, cando só hai un candidato, só hai unha elección.