Xerontocracia


Un breve apunte para chamar a atención sobre unha notiña de Europa Press publicada no único diario de pago en galego realmente existente. O vindeiro 27 de maio, preséntanse 21 alcaldes que levan no sitio dende as primeiras eleccións municipais, en 1979, ou antes. A metade están en Ourense, só tres non son do PP e só tres son mulleres. Sete deles xa eran alcaldes con Franco.

Porén, 21 concellos de 315 que hai en Galicia non son… demasiados. Varios dos rexedores máis veteranos, como o de Cervantes, do que falaba no meu último desbarre, fixeron as maletas, ben pollos achaques ben polo cambio da situación política (porque xa non está Fraga, digo). Un pouco máis e nos libramos do mito da xerontocracia.

Información e Enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Indemnizacións si, pero… a que prezo?
PSdeG-PSOE: Agora ou nunca

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

Qué queres que che diga, dende a miña máis tenra infancia levo co mesmo alcalde, e creo que pouco máis ten de 50 anos. O poder atrae moito, e é bastante difícil deixalo. O que si que non chego a entender é como están habilitados a exercer como alcaldes aqueles que os tiveron na época franquista. Nunca entendín o pouco que importou neste país que apoiases unha estrutura ditatorial. Non me entra na cabeza. A outros, ter vencellos cos nazis, significa unha nódoa na súa carreira. Que lei da memoria histórica tan desaproveitada.

Ben, eso é porque o parecido do teu alcade con Ned Flanders dalle moito caché.

Non, en serio, un alcalde duradeiro non ten porque ser ancián, nin un alcalde ancián ten porque ser malo. Ó mellor trabuqueime ó falar de xerontocracia.

O problema é que resulta imposible facer un bo goberno durante 30 anos, non digamos xa 38 ou 40 como hai algúns, e este dato, mal que ben, sinala que algo de aire entrou nos concellos. Recemos porque entre máis.